Comparte amor polo noso




As pegadas de Arnaldo


Un ano máis, froito do enriquecedor traballo en equipo, na coordinadora dos Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, elaboramos unhas guías con recomendacións en galego. A transmisión do noso patrimonio cultural é un dos motores que caracterizan o noso traballo común.

O obxectivo é facer chegar ás familias e a toda a comunidade educativa, suxerencias de lecturas e música para todas as idades. As guías están cheas de novidades e reedicións en lingua galega, ademais non nos quixemos esquecer de poñer algo de María Victoria Moreno, a autora homenaxeada nas letras galegas 2018. 

Mandamos unha gran aperta a Luz Beloso que nos agasallou coa fermosa ilustración das guías: moitas grazas!. 

Aquí vos deixamos as guías para que este Nadal as casas se enchan de cultura en galego! 

A guía de INFANTIL:




A guía de PRIMARIA:





A guía de SECUNDARIA:




Guías de lecturas


Seguinte
« Prev Post
Anterior
Next Post »